Hoxe tráemosvos outra novidade que nos enche de ilusión: en breve daremos comezo ás nosas reunións do GRUPO DE PORTEO.
Se estás interesada en aprender a portear ó teu bebé de maneira cómoda e segura, ou se xa porteas e queres seguir aprendendo e compartindo experiencias con outras familias, toma nota!!!
- Reunións abertas e gratuítas
- Primeiro sábado de cada mes, 11:00h - 13:30h
- Centro Sociocultural de Conxo (Santiago de Compostela, A Coruña)
INAUGURACIÓN 4 DE OUTUBRO 2014!!!!
Esperámosvos!!
Temos a alegría de compartir que actualmente Teta e Coliño se atopa en proceso de formación dun novo grupo de apoio na cidade de Vigo. Se todo vai sobre o previsto, botará a andar este mesmo outono.
Se estás interesada en participar, mantente atenta ó noso blog e facebook, iremos publicando as novidades!! Tamén podes escribirnos ó correo tetaecolinho@gmail.com e te manteremos informada.
SEGUIMOS MEDRANDO XUNTAS!!
La Asociación Teta e Coliño ha abierto la convocatoria de plazas para su V Curso online de Asesoría en lactancia. Las personas interesadas pueden informarse en http://asesorialactancia.blogspot.com.es/
Más información e inscripciones en el correo asesorialactancia@hotmail.com
PLAZAS LIMITADAS